Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 78/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 78/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gumersindo del Río Vilarnovo, Joaquín Figueira Junior, Juan Manuel Refojo González, María Pilar Magariños Suárez, Maximino Liñares Illodo, María Carmen Reboiras Pérez, Susana Hermida González contra Hipescar, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza 200, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentencia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos 78/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de Gumersindo del Río Vilarnovo, Joaquín Figueira Junior, Juan Manuel Refojo González, María Pilar Magariños Suárez, Maximino Liñares Illodo, María Carmen Reboiras Pérez, Susana Hermida González, que comparecen asistidos e representados pola letrada Laura Prieto Currás contra Hipescar, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda e, en consecuencia, condeno a Hipescar, S.L. a aboar as seguintes cantidades: a Gumersindo del Río Vilarnovo a cantidade de 1.158,52 euros, a Joaquín Figueira Junior 1.815,29 euros, a Juan Manuel Refojo González 2.069,21 euros, a María del Pilar Magariños Suárez 1.729,13 euros, a Maximino Liñares Illodo 806,42 euros e a María del Carmen Reboiras Pérez 1.735,38 euros.

Arquívase o procedemento en relación con Susana Hermida González.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial