O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural e do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
e do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015
Convenio |
Importe (€) |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
Sen custo económico |
2.1.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia, S.A. |
149.000,00 € |
30.1.2015 |
Acordo polo que se dispón a achega da Xunta de Galicia –Consellería do Medio Rural e do Mar– a favor da Fundación Semana Verde de Galicia. |
100.000,00 € |
6.2.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas formativas en materia de medio rural e montes. |
Sen custo económico |
17.2.2015 |
Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia para o desenvolvemento de novos sistemas de información e de novas funcionalidades para a Oficina Agraria Virtual da Consellería do Medio Rural e do Mar. |
40.000,00 € |
19.3.2015 |
Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) polo que se regulan as condicións en que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2015, de actividades de dinamización das embarcacións patrimoniais e o XII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia. |
38.840,00 € |
30.3.2015 |
Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Algacari), polo que se regulan as condicións en que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2015, de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de ribeira. |
6.500,00 € |
30.3.2015 |
Convenio entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e os concellos de Marín e Vilaboa para a recollida de equinos soltos o con trancas. |
Sen custo económico |
30.3.2015 |
Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería do Medio Rural e do Mar (Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). |
Sen custo económico |
13.4.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia. |
51.934,85 € |
16.4.2015 |
Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Medio Rural e do Mar. |
5.000,00 € |
27.4.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) para a promoción e a mellora da comercialización dos produtos ecolóxicos do mar. |
13.750,00 € |
28.4.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros. |
65.642,50 € |
28.4.2015 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Codificación Comercial (Aecoc). |
14.520,00 € |
30.4.2015 |