Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2015, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas, as horas e os lugares para o levantamento das actas de constatación dos bens ocupados e dereitos afectados polas obras, declaradas de emerxencia, para a reparación de desprendementos na CG-4.1 Rande-Alto da Portela, p.q. 11+700 e 12+700 (clave PO/14/027.02).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

A través do Decreto 114/2014, do 4 de setembro, (DOG núm. 180, do 22 de setembro), a Xunta de Galicia declara a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras, declaradas previamente de emerxencia pola Axencia Galega de infraestruturas o 25 de marzo, para a reparación dos citados desprendementos.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da citada lei, resolve convocar os titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Moaña e Cangas para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas de constatación dos bens ocupados e dereitos afectados polas mencionadas obras.

Termo municipal de Moaña.

Lugar: Casa do Concello de Moaña.

Data: 14 de xullo de 2015, das 9.00 ás 11.00 horas.

Termo municipal de Cangas.

Lugar: Casa do Concello de Cangas.

Data: 14 de xullo de 2015, das 12.00 ás 13.30 horas.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Moaña e Cangas e no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43, 1º).

A ese acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e, o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Pontevedra, 17 de xuño de 2015

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra