Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 13 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Granitos Piedra País, S.L. o requirimento de pagamento de multa en período voluntario correspondente ao expediente sancionador IN635C 2012/48-4.

Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícase a Granitos Piedra País, S.L., o requirimento de pagamento de multa, en período voluntario, correspondente ao expediente sancionador co número IN635C 2012/48-4.

Comunicáselle que a citada carta de pagamento se atopa á súa disposición, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 5º andar, Pontevedra.

Así mesmo, informámolo que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos parágrafos anteriores, exixiranse en vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

Pontevedra, 13 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra