Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/38-2, 8232 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Inversiones Abuín 2, S.L.

Domicilio social: avenida Meridiana, 350, 4º B, Barcelona.

Denominación: LMT e CT para salas de cine en C.C. Abella (Lugo).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión en bandexa metálica con orixe no centro de transformación e seccionamento nº 1 propiedade de BEGASA e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 78 metros en condutor tipo RHZ1 3(1×95 mm2 AI).

2. Centro de transformación en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección e unha de medida cunha potencia instalada de 630 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 24 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo