Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2015/168-1).

Expediente: IN407A 2015/168-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT VIM-802 lugar de Rabós.

Concello: Vimianzo.

Características técnicas:

Elevación entre os apoios nº 62 e nº 64 da liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,274 km, con orixe no apoio nº 62 existente da LMT VIM-802, tramo entre a derivada ao CT Padreiro I (expediente 50050) e a derivada ao CT Baíñas (expediente 50507), en condutor LA-110 mm2 Al e final no apoio nº 64 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802, primeiro apoio da derivada ao CT Baíñas.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña