Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Atein Naval, S.L. (número de censo 15HC01019), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Atein Naval, S.L. a Resolución do 24 de marzo de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O prazo para interpoñer o recurso a que fai mención a dita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Resolución de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar por baixa de todas as especialidades formativas.

Atein Naval, S.L.

Estrada de Cedeira, km 1.

15572 Freixeiro, Narón

A Coruña

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Atein Naval, S.L., no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Antecedentes.

Primeiro. A entidade Atein Naval, S.L. está inscrita/acreditada no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número de censo 15C01019, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

XX0284

Técnico montaxe illamentos térmicos

1.1.1995

31.12.2002

Segundo. As anteditas especialidades formativa causaron baixa no Ficheiro de especialidades formativas con efecto nas datas que constan no antecedente primeiro como baixa homologación.

Terceiro. Mediante escrito do 12.11.2014, que foi recibido polo interesado o 18.11.2014, segundo consta no xustificante de recepción, a Dirección Xeral de Emprego e Formación deu trámite de audiencia a Atein Naval, S.L., para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que coidase oportunos.

Cuarto. Transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que Atein Naval, S.L. os presentase en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.c) do Decreto 106/2011 dispón que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación, dos centros ou entidades cando se produza a baixa no ficheiro de todas as especialidades que lle fosen concedidas.

Revisado o expediente, compróbase que todas as especialidades formativas en que estaba acreditada e/ou inscrita a entidade Atein Naval, S.L., co número de censo 15C01019, causaron baixa no Ficheiro de especialidades formativas.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o dito Real decreto; o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

Dar de baixa a entidade Atein Naval, S.L. , número de censo 15C01019, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación