Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, da entidade Asociación de la Prensa de Vigo (número de censo 36C00116), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á Asociación de la Prensa de Vigo a Resolución do 13 de abril de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O prazo para interpoñer o recurso ao cal fai mención a antedita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

«Resolución de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar por baixa de todas as especialidades formativas.

Asociación de la Prensa de Vigo

r/ Marqués de Valladares, 23, 1º

36201 Vigo

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Asociación de la Prensa de Vigo no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Antecedentes.

Primeiro. A entidade Asociación de la Prensa de Vigo encóntrase inscrita/acreditada no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número de censo 36C00116, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

AO0151

Administrativo (tamén AOAG40)

1.1.1995

31.12.2001

Segundo. As anteditas especialidades formativas causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas con efecto nas datas que constan no antecedente primeiro como “baixa homologación”.

Terceiro. Mediante escrito do 13 de novembro de 2014, que foi recibido polo interesado o 3 de decembro 2014, segundo consta no xustificante de recepción, por parte da Dirección Xeral de Emprego e Formación deuse trámite de audiencia á Asociación de la Prensa de Vigo, para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que considérase oportuno.

Cuarto. Transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que Asociación de la Prensa de Vigo as presentase en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.c), do Decreto 106/2011, dispón que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación, dos centros ou entidades, cando se produza a baixa no ficheiro de todas as especialidades que lle foran concedidas.

Revisado o expediente compróbase que todas as especialidades formativas en que estaba acreditada e/ou inscrita a entidade Asociación de la Prensa de Vigo, co número de censo 36C00116, causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito Real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

Dar de baixa a entidade Asociación de la Prensa de Vigo, número de censo 36C00116, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación