Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo do deseño e execución dun programa de prevención do consumo de drogas en espazos públicos de ocio nocturno e de botellón para o ano 2015. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-15-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-15-011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo do deseño e execución dun programa de prevención do consumo de drogas en espazos públicos de ocio nocturno e de botellón para o ano 2015.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: seis meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 80561000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-40 puntos

Memoria técnica

0-40

Programa de formación de voluntarios e mediadores xuvenís

0-17

Materiais de información-sensibilización

0-15

Formularios empregados nas enquisas

0-8

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-60 puntos

Oferta económica

0-60

4. Valor estimado do contrato: 50.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 50.000 euros. Importe total: 60.500 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2. d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde 3.7.2009)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos