Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29757

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015.

O día 20 de xaneiro de 2015, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015.

No seu artigo 17 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar.

A súa dotación orzamentaria ascende á cantidade de 8.000.000,00 de euros para o ano 2015. Coa finalidade de poder amparar todas as solicitudes de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, no marco das axudas ao desenvolvemento rural en Galicia e posto que esta dotación resulta insuficiente, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Ampliar a dotación orzamentaria asignada o 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 12.20.551B.770.0, por importe de 2.335.000,00 € na anualidade 2015. O total do importe económico previsto para o financiamento das axudas sinaladas ascende a 10.335.000 €.

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado ou da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar