Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29892

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Moaña na Deputación Provincial de Pontevedra en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de maio de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de recursos locais, realizou o Concello de Moaña por Acordo do Pleno do 26 de marzo de 2015, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación das multas de tráfico e encomenda de xestión da colaboración na tramitación de expedientes sancionadores.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 5 de xuño de 2015

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra