Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do expediente de contratación, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, da xestión de servizo público das instalacións da piscina, mediante procedemento aberto.

Mediante a Resolución do 30 de xuño de 2015, o director xeral da Academia Galega de Seguridade Publica, en virtude das atribucións que legalmente ten conferidas na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e en cumprimento do previsto no segundo parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG núm. 73, do 20 de abril de 2015, para a selección de oferta para a xestión de servizo público das instalacións da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), por non axustarse ningunha das ofertas presentadas aos pregos de licitación.

Contra a resolución pola que se declara deserta a licitación, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor, tal como preceptúa o artigo 17.1 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución polos interesados, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro que se coide procedente.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Estrada, 30 de xuño de 2015

Luís Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública