Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30023

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 8 de xullo de 2015 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde, un/unha funcionario/a con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar o día seguinte ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.000.27001.001.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Corpo/escala: xeral/especial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 16.125,12 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración local.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

0009g.pdf