Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña. Campaña verán 2015.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 33/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son, na provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 89, do 13 de maio de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 181.384,55 €. IVE (10 %): 18.138,45 euros. Importe total: 199.523,00 €.

5. Formalización:

a) Data: 17 de xuño de 2015.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 181.384,55 €. IVE (10 %): 18.138,45 euros. Importe total: 199.523,00 €.

A Coruña, 22 de xuño de 2015

P.D. (Orde 19.8.2009)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial A Coruña