Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Astano (número de censo 15C00184), devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Astano a Resolución do 4 de maio de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

O prazo para interpoñer o recurso a que fai mención a dita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Resolución de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar por baixa de todas as especialidades formativas.

Astano

Apartado de correos 994

15500 Fene

A Coruña

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Astano no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Antecedentes.

Primeiro. A entidade Astano está inscrita/acreditada no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número de censo 15C00184, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

AO0156

Aplicacións informáticas de xestión

1.1.1995

31.12.2001

CM0512

Tubeiro naval

1.1.1995

31.12.2001

CM0611

Ferreiro de ribeira

1.1.1995

31.12.2001

CM0613

Caldeireiro naval

1.1.1995

31.12.2001

EE0311

Instalador electricista industrial

1.1.1995

31.12.2001

EL0001

Auxiliar electrónica

1.1.1995

31.12.2001

ID0157

Inglés técnico

1.1.1995

31.12.2001

IMAN10

Mecánico de mantemento

17.10.2001

31.12.2001

IN0054

Especialista en deseño asistido

1.1.1995

31.12.2001

MF0211

Mantedor equipamentos oleohidráulicos

1.1.1995

31.12.2001

MI0612

Mecánico mantemento industrial

1.1.1995

31.12.2001

SE0112

Soldador ao arco con eléctrodo

1.1.1995

31.12.2001

SE0113

Soldador semiautomática

1.1.1995

31.12.2001

SE0251

Soldador tubaxe a presión

1.1.1995

31.12.2001

TE0314

Mando intermedio industrial

1.1.1995

31.12.2001

Segundo. As ditas especialidades formativas causaron baixa no Ficheiro de especialidades formativas con efecto nas datas que constan no antecedente primeiro como «baixa homologación».

Terceiro. A Dirección Xeral de Emprego e Formación deu trámite de audiencia á antedita entidade para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que xulgase oportunos. Os dous intentos de notificación realizados á dita entidade foron devoltos polo servizo de Correos, por non seren recollidos na oficina postal tras os avisos efectuados, polo que foron notificados por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello no seu último domicilio e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que Astano as presentase en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.c) do Decreto 106/2011 dispón que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación, dos centros ou entidades, cando se produza a baixa no ficheiro de todas as especialidades que lle fosen concedidas.

Revisado o expediente, compróbase que todas as especialidades formativas en que estaba acreditada e/ou inscrita a entidade Astano, co número de censo 15C00184, causaron baixa no Ficheiro de especialidades formativas.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o dito real decreto; o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

Dar de baixa a entidade Astano, número de censo 15C00184, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación