Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración de chaquetas e pantalóns ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ano 2015 (48/15-I) (expediente 38/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de chaquetas e pantalóns ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: de 50 días, desde o día seguinte á sinatura do contrato. A constatación do cumprimento do contrato realizarase mediante a entrega do material nos lugares indicados para o efecto pola Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35113400-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 206.800,00 €, IVE (21 %): 43.428,00 €, importe total: 250.228,00 €

Valor estimado: 206.800,00 €

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes H e I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído): 10.340,00 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/881 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22948

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar