Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015 pola que se acorda o anuncio da contratación, mediante o procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración e instalación dun espectrómetro de masas de alta resolución e de masa exacta acoplado cun sistema de cromatografía líquida de alta presión polo Ingacal, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder 2007-2013 (expediente SU-lNGACAL 01/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Ente público: Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

b) Dependencia que tramita o expediente: servizos centrais do Ingacal.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión e Rexistro do Ingacal.

2º. Domicilio: Pazo de Quián, s/n, Sergude.

3º. Localidade e código postal: Boqueixón, 15881 (A Coruña).

4º. Teléfonos: 881 99 72 76.

5º. Telefax: 981 54 66 76.

6º. Correo electrónico: Ingacal@xunta.es .

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/contratacion/.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 8.8.2015.

d) Número de expediente: (SU-INGACAL 01/2015).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación dun espectrómetro de masas de alta resolución e de masa exacta axustado cun sistema de cromatografía líquida de alta presión.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 1.

d) Lugar de execución/entrega: Centro de Investigacións Agraria de Mabegondo.

Domicilio: estrada Betanzos-Santiago, km 7 Mabegondo, 15318 Abegondo.

e) Prazo de execución/entrega: 40 días.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38433100.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: segundo a epígrafe M da folla de especificacións do prego.

4. Valor estimado do contrato: 320.000,00 euros.

5. Orzamento de licitación.

a) Importe neto (sen IVE): 320.000,00 €.

b) Importe IVE: 67.200,00 €.

b) Importe total (con IVE): 387.200,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: constituirase unha garantía definitiva do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as epígrafes I e J da folla de especificacións do prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8.8.2015.

b) Modalidade de presentación: papel A3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación: Ingacal.

1º. Dependencia: servizos centrais do Ingacal.

2º. Domicilio: Pazo de Quián, s/ Sergude.

3º. Localidade e código postal: Boqueixón 15881 (A Coruña).

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes de oferta pero admítense as melloras en concepto de prestacións técnicas da subministración debidamente propostas polos licitadores.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura de ofertas.

Terá lugar en sesión pública.

a) Enderezo: Pazo de Quián, s/ Sergude.

b) Localidade e código postal: Boqueixón 15881 (A Coruña).

c) Data e hora: publicarase no enderezo da internet do Ingacal:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/contratacion/.

10. Gastos de publicidade.

O anuncio de licitación publicarase no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). O custo dos anuncios no DOG e BOE será por conta dos adxudicatarios, que pagarán como custo total da publicación a parte que lles corresponda en función da proporción que, respecto do orzamento total da licitación, garde o orzamento de licitación do seu lote.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de xuño de 2015.

12. Outras informacións.

Proxecto financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do Plan de axudas para infraestruturas científico-técnicas da Subdirección Xeral de Fondos Europeos para a Investigación (Ministerio de Economía e Competitividade).

Sergude, 30 de xuño de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria