Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (336/2012).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 336/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio López Quintáns, Juan Carlos Ben Gontán, Antonio Fandiño Miras, Joaquín Formoso López, Ildefonso de la Fuente Rivas, Martín Casais García contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Joaquín Manuel Formoso López, Antonio Fandiño Miras, Martín Casais García, Juan Carlos Ben Gontán, José Antonio López Quintás e Ildefonso de la Fuente Rivas, contra Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlles aos demandantes as sumas seguintes: a Joaquín Manuel Formoso López 598,88 euros, a Antonio Fandiño Miras 598,88 euros, a Martín Casais García 598,88 euros, a Juan Carlos Ben Gontán 598,88 euros, a José Antonio López Quintás 499,17 euros e a Ildefonso de la Fuente Rivas 374,30 euros, polos conceptos sinalados no fundamento xurídico cuarto desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto das devanditas cantidades desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial