Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0044 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 1 de xullo de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0044.

Interesado: Alberto Petrovich Marín.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0155.

Interesado: Florin Vasile Plesca.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente:CO-RES-2014-0179.

Interesada: Automóviles Gaucho Sport, S.L.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0180.

Interesado: Gheorghe Marin Plesca.

Emanuel Daniel Plesca.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0221.

Interesado: Adrian Marin Ciobanu.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0223.

Interesado: Vasile Cornel Plesca.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0237.

Interesada: Cuiña, S.A.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.