Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2015/166-1).

Número de expediente: IN407A 2015/166-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: variante subterránea BEG-706 e BEG-707 en Camiño Real de Infesta.

Concello: Betanzos.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,226 km, con orixe no paso aerosubterráneo en apoio nº 10 existente da LMT aérea D.C. BEG-706 e BEG-707, en condutor RHZ1-20L-12/20 kV-1×240 Al, e final en empalme en punto de acceso á rede que se vai intercalar na liña subterránea existente na BEG-707 en rúa Real de Infesta, inmediacións da ponte sobre a estrada N-VI.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña