Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución de Ceaga, Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que esta dirección xeral se recibiu certificación da asemblea xeral ordinaria de Ceaga, Clúster de Empresas de Automoción de Galicia onde se reflicte o acordo de disolución do devandito clúster, acadado segundo establece o artigo 28 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social