Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de custodia e xestión do arquivo de documentación clínica desta xerencia (contratación documentación simplificada).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

4º. Teléfono: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todo os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-15-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de custodia e xestión do arquivo de documentación clínica da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: dez meses e medio.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 79560000-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación:ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Oferta económica: ata 55 puntos.

Calidade do servizo: ata 45 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 486.232,65 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 211.405,50 €; b) IVE: 44.395,16 €; c) Importe total: 255.800,66 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso):

12. Outras informacións:

Ferrol, 8 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol