Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30158

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (147/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 147/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Noya Raño contra o Fondo de Garantía Salarial e Servanza, S.L. e, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015.

Antecedentes de feito.

Único. María Carmen Noya Raño presentou escrito en que solicitaba a execución da sentenza núm. 41/2015, do 13 de febreiro, ditada por este órgano xudicial no procedemento despedimento DSP 264/2014 fronte a Fondo de Garantía Salarial e Servanza S.L.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e coa solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización por despedimento) e de 380,85 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumpriu a obriga de manifestar bens ou se ocultaron elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal aboable en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, de procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quede constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se instasen, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a secretaria xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución de título xudicial a favor da parte executante, María Carmen Noya Raño, fronte a Fondo de Garantía Salarial e Servanza, S.L., parte executada, por importe de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización por despedimento), máis outros 380,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC mediante a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, xa que a executada está en ignorado paradoiro. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. María Carmen Noya Raño presentou demanda de execución de título xudicial fronte a Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Servanza, S.L.

Segundo. Con data do 30 xuño de 2015 este órgano xudicial ditou auto en que se despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización por despedimento), máis outros 380,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Servanza, S.L., realizada mediante decreto e auto do 18 de xuño de 2010, ditado por este órgano xudicial no procedemento execución 86/2010, cuxa copia testemuñada se une ás actuacións para constancia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non adoeza de ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e o contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse mediante o auto desta data. Por imperativo do número 3 do mesmo artigo, procede ditar o presente decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, de ser o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, de ser o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a executada, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Servanza, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, María Carmen Noya Raño e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, aberta no Banco de Santander, S.A., debendo indicar, no campo concepto, a indicación «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

A secretaria xudicial