Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30445

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (218/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Segunda da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 218/2014 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa), Pablo Priegue Leis sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Colaboradora de la Seguridad Social Gallega contra a Sentenza do 22 de marzo de 2013 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra Pablo Priegue Leis, a entidade mercantil Diconsa Sociedad Anonima, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Nacional da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente ás custas da suplicación, cuantificando en 601 euros os honorarios de letrado do traballador impugnante.

Notifíqueselle esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila na conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2015

A secretaria xudicial