En atención á proposta do club náutico local, co obxecto de atender a demanda real tendo en conta que os usuarios adquiren na actualidade embarcacións deportivas con maior manga para unha mesma eslora, e tamén co obxecto de retirar da convocatoria un pantalán destinado na actualidade á atracada de embarcacións dos profesionais da pesca e do marisqueo, anúnciase a modificación do cadro de dimensións máximas admisibles con carácter indefinido ata que sexa revogado por novo acordo, e contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que queda do seguinte xeito:
Porto |
Instalación |
Dimensións máximas das embarcacións (eslora × manga) |
Vilaxoán |
Pantalán P2 |
6,00 m × 2,30 m |
Bueu |
Pantalán P4 |
7,00 m × 2,45 m |
Arcade |
Pantaláns P2 e P4 |
6,00 m × 2,40 m |
Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.
Contra este acordo, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o presidente do ente público Portos de Galicia no prazo dun mes (1) contado a partir do día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Pontevedra, 10 de xuño de 2015
Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia