Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.
A Coruña, 2 de xullo de 2015
Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 42/15
Denunciada: Pilar Pardo Rodríguez (representante de Tu Idea Building, S.L.).
VP-C 47/15
Denunciada: Desiree Vivero Martínez.
Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.