De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 10 de xullo de 2015 relativo ao proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación Angelita nº 5395.5.1, concello de Vilalba (Lugo), promovido por Canteras Vilalbesas, S.L.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental