De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 1 de xullo de 2015
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: ANP-OU-12/2015-V.
Interesado: Fernando Morgade Santos.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Expediente: ANP-OU-13/2015-V.
Interesado: Fernando Morgade Santos.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Expediente: CAZ-OU-150/2015-V.
Interesado: Isaac Rodríguez Lorenzo.
Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-16/2015-V.
Interesado: José Ángel Salgado González.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Expediente: PES-OU-38/2015-V.
Interesado: Paul Ilie.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.