A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-02123-O-2014 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.
Comunicáselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
Ourense, 1 de xullo de 2015
Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense