Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: avenida do Parque, 11, baixo, 36540 Silleda.
Denominación: reforma e ampliación de potencia do CT Senra.
Situación: Silleda.
Características técnicas: reforma e ampliación de potencia a 100 kVA, con RT 20 kV/400 V, do centro de transformación situado en Senra, Silleda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 19 de xuño de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra