Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 15 de xullo de 2015, cómpre efectuar a seguinte corrección:
– Na páxina 29473, onde di: «Todo o persoal educador deberá estar en posesión dunha diplomatura ou titulación universitaria de grao en Educación Social ou contar coa acreditación correspondente para o desempeño desta función.», debe dicir: « Todo o persoal educador deberá estar en posesión dunha diplomatura ou titulación universitaria de grao en Educación Social, ou en materias propias ou relacionadas coa intervención educativa ou social, ou contar coa acreditación correspondente para o desempeño desta función.».