Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31158

V. Administración de xustiza

Xulgado de primeira instancia nº 13 A coruña

EDICTO (74/2015).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 74/15-C, seguido por instancia de Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Manuel Ramallo Otero ditouse sentenza.

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Ramallo Otero, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Faise saber que contra a devandita resolución cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este tribunal, no prazo de vinte días contados dende o día seguinte da notificación.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial