Advertido erro na Orde do 22 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 126, do 7 de xullo, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 28160, no anexo I (continuación), onde di:
«Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello do gasto realizado na adquisición de fondos bibliográficos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 1 de maio de 2015 (detallando o importe correspondente a cada anualidade)».
Debe dicir:
«Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello do gasto realizado na adquisición de fondos bibliográficos entre o 1 de xullo de 2014 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde (detallando o importe correspondente a cada anualidade)».