De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 10 de xullo de 2015
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: MON-CO-0104-2015 REP.
Denunciada: Josefa Castro Rey.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-0120-2015 CSA.
Denunciada: Ana Belén García Rodríguez.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0123-2015 VNA.
Denunciado: Constantino Camafrita Moreira.
Acto de notificación: acordo de inicio.