O Pleno do Concello de Monforte de Lemos, en sesión extraordinaria do 4 de xuño de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación do volume dunha edificación e reaxuste da aliñación nunha parcela situada entre as rúas Santa Clara e A Veiga, en Monforte de Lemos.
O que se fai público no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Tamén, de acordo co previsto no dito artigo, no Boletín Oficial da provincia de Lugo será publicado o referente á normativa e ordenanzas, e, con esta mesma data remítese á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a certificación do acordo e dous exemplares en copia autenticada de todos os documentos e planos que integran o estudo de detalle.
Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2015
José Tomé Roca
Alcalde