Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 12 de maio de 2015 (DOG núm. 94, do 21 de maio), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciada pola Orde do 12 de maio de 2015 (DOG núm. 94, do 21 de maio).
Segundo. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Denominación do posto: xefatura da Área Provincial.
Código do posto: MA.O19.10.000.36001.001.
Nivel: 28.
Dependencia: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Localidade: Pontevedra.