Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1139/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Garrido Rieiro contra Revestimentos Técnicos de Galicia, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Xulgado do Social número 3 da Coruña reforzo.
Sentenza: 308/2015.
Xuíz: Javier López Cotelo.
Procedemento: despedimento 1139/2014.
Demandante: José Manuel Garrido Rieiro.
Letrado: Sr. Prieto Flores.
Demandado:
Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L.
Fogasa:
Sentenza: 308/2015.
A Coruña, 6 de xullo de 2015.
Decido:
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Garrido Rieiro fronte a Revestimentos Técnicos de Galicia, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.
Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.
2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:
– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 1.695,62 euros.
– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 47,43 euros/día.
3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.
Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».
Para que conste e sirva de notificación a Revestimientos Técnicos de Galicia, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 6 de xullo de 2015
A secretaria xudicial