Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015 pola que se acorda ampliar o prazo de presentación de ofertas para concorrer á licitación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra do edificio do Campus de Auga no Campus de Ourense (expediente 322/15).

Primeiro. Con data do 27 de xullo de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 140 a Resolución do 20 de xullo de 2015 pola que se anunciaba o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra do edificio do Campus de Auga no Campus de Ourense. O prazo de presentación das ofertas remataba o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desa resolución no DOG. Non obstante, posta de manifesto a dificultade de que as empresas concorrentes poidan entregar a documentación exixida na licitación se non se amplía o prazo de presentación de ofertas, e tendo en conta a peculiaridade do obxecto deste expediente, estímase oportuno facilitar os medios que permitan promover e facilitar a concorrencia ampliando o prazo de presentación de ofertas.

Visto o que antecede, acórdase ditar a seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro. Ampliar o prazo de presentación de ofertas por un período de trinta (30) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o cal rematará ás 14.00 horas do último día do prazo que corresponda. Non obstante, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo entenderase prorrogado ata as 14.00 horas do primeiro día hábil seguinte.

Segundo. Os licitadores que presentasen a súa oferta con anterioridade á publicación desta resolución poderán, se o consideran oportuno, presentar unha nova oferta que substitúa a anterior.

Terceiro. As condicións da licitación son as que aparecen reflectidas no perfil do contratante e no anuncio publicado no DOG número 140, agás o novo prazo de presentación de ofertas.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación ante o mesmo órgano que a ditou e, neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 29 de xullo de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo