Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación da execución das obras de acondicionamento no Hospital Nicolás Peña, fase III a do proxecto de adaptación funcional da estrutura organizativa, mediante procedemento aberto e tramitación urxente (expediente AB-EIV1-15-020).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIV1-15-020.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: execución das obras de acondicionamento no Hospital Nicolás Peña, fase III a do proxecto de adaptación funcional da EOXI de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45262700-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: oferta económica.

4. Valor estimado do contrato: 199.472,46 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 199.472,46 € IVE (21 %) 41.889,22 €. Importe total 241.361,68 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe, ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesa de apertura do sobre B.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4 do PCAP.

Vigo, 29 de xullo de 2015

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo