Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se notifican as resolucións ditadas nos recursos de alzada interpostos contra resolucións ditadas en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos tramitados na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as resolucións dos recursos de alzada que se relacionan interpostos contra as resolucións recaídas en expedientes sancionadores tramitados na provincia de Ourense por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro das resolucións que se sinalan no anexo a este anuncio os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

OU-EP 249/2012

Gonzalo Carballeda Pinal (Orencadisc)

Rúa Ramón Cabanillas, 16, baixo, 36004 Ourense

Capital

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio

OU-EP 266/2012

Gonzalo Carballeda Pinal (Orencadisc)

Rúa Ramón Cabanillas, 16, baixo, 36004 Ourense

Capital

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio

OU-EP 250/2012

Gonzalo Carballeda Pinal (Orencadisc)

Rúa Ramón Cabanillas, 16, baixo, 36004 Ourense

Capital

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio