Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 28 de xullo de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 22 de xuño de 2015, ditada no expediente sancionador AC-55/15, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á titular que no anexo que se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido efectuarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña, da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propor proba en que concreten os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-55/15.

Denunciada: El Paso de Soneira, S.L.

NIF: B15813728.

Establecemento: Café-Bar El Paso.

Enderezo: lugar de Ogas-Cambeda 8.

Localidade: Vimianzo.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, puntos a) e b) da Lei 7/2011.

Incoación: 22 de xuño de 2015.

Sanción: douscentos euros (200 €).