Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32893

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital E-Dixgal durante o curso 2015/16.

De conformidade co establecido no punto 7.3 da Resolución desta dirección xeral do 30 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 11 de maio) pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2015/16, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Seleccionar os centros que se relacionan no anexo I desta resolución para participar no proxecto E-Dixgal.

Segundo. Rexeitar os centros que se relacionan no anexo II polos motivos que se indican.

Terceiro. Considerar non válida a solicitude do centro que se relaciona no anexo III.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 107.1, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia conforme os artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I
Centros seleccionados

Educación primaria.

Código

Centro

Provincia

Concello

15021627

CEIP Emilia Pardo Bazán

A Coruña

A Coruña

15004770

CPR Plurilingüe Esclavas Sagrado Corazón de Jesús

A Coruña

A Coruña

15027241

CEIP Juan Fernández Latorre

A Coruña

A Coruña

15005828

CEIP de Tarrío

A Coruña

Culleredo

27016406

CEIP de Covas

Lugo

Viveiro

36000429

CPR La Encarnación

Pontevedra

Caldas de Reis

36000648

CEIP Enrique Barreiro Piñeiro

Pontevedra

Cambados

36001690

CEIP Antonio Blanco Rodríguez

Pontevedra

Covelo

36002347

CEIP Pérez Viondi

Pontevedra

A Estrada

36004711

CEIP Domaio

Pontevedra

Moaña

36006195

CEIP A Carballeira

Pontevedra

Pontevedra

36006407

CEIP Froebel

Pontevedra

Pontevedra

36015652

CEIP O Piñeiriño

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Educación secundaria obrigatoria.

Código

Centro

Provincia

Concello

15023302

IES Manuel Murguía

A Coruña

Arteixo

15001665

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

A Coruña

Boqueixón

15004083

CPR Compañía de María

A Coruña

A Coruña

15006511

CPR Santa Juana de Lestonnac

A Coruña

Ferrol

15008301

IES Urbano Lugrís

A Coruña

Malpica de Bergantiños

27002249

CPI de Castroverde

Lugo

Castroverde

27014008

CPI Tino Grandío

Lugo

Guntín

27007788

CPI Plurilingüe de Navia de Suarna

Lugo

Navia de Suarna

36020295

IES Mestre Landín

Pontevedra

Marín

36006641

CPR Calasancio

Pontevedra

Pontevedra

36007011

IES Pino Manso

Pontevedra

O Porriño

36018173

IES de Teis

Pontevedra

Vigo

ANEXO II
Centros rexeitados

Código

Centro

Provincia

Concello

Motivo

27005263

CEIP de Lousada

Lugo

Guntín

Non pertence á rede Abalar

36000417

CPR San Fermín

Pontevedra

Caldas de Reis

Non pertence á rede Abalar en ESO

36001252

CPI do Progreso

Pontevedra

Catoira

Non pertence á rede Abalar

ANEXO III
Solicitudes non válidas

Código

Centro

Provincia

Concello

Motivo

36001550

CEIP de Carballedo

Pontevedra

Cotobade

Xa é un centro E-Dixgal