Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33104

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de xullo de 2015 pola que se amplía o prazo de realización do sexto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

A Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm 96, do 21 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, dispón na base II.1.6 que o prazo máximo para a realización do sexto exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez finalizado o quinto exercicio o día 15 de xullo de 2015, tendo en conta diversas cuestións técnicas relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do sexto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda