Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2015/51-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle. 32960 Ourense.

Denominación: subestación Frieira-blindaxe do parque de 20 kV.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

Instalación do novo parque de 20 kV, en configuración simple barra con celas illadas en SF6 tipo NXPLUS-C no interior dun edificio prefabricado tipo A-45. Instalarase o seguinte equipamento:

– Dúas celas de protección de liña.

– Dúas celas de protección de liña con coxerador.

– Tres celas de protección de liña de coxerador.

– Dúas celas de secundario de transformador.

– Unha cela de acoplamento lonxitudinal.

Retirada do antigo parque de 20 kV da central de xeración.

Orzamento: 689.911 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 20 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial