Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: LMT Camiño Guntín-Reboredo.
Situación: concello de Monforte de Lemos.
Características técnicas:
1. Desmontaxe das instalacións existentes aéreas a 20 kV MOF805 Peares 5 e MOF 808 Saviñao 8 por ser en antirregulamentarias, entre os pasos aéreos a soterrados proxectados.
2. LMT soterrada a 20 kV debido á desmontaxe da LMT aérea con orixe nos pasos aéreos a soterrados proxectados e final nos pasos aéreos a soterrados proxectados en condutor tipo RHZ1-240.
3. Centro de transformación estrada de Reboredo (27CM04), no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.
4. Centro de transformación camiño Guntín-Reboredo (27CH67), no cal se instalan dúas celas de liña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 22 de xullo de 2015
P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial
