Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo da procedencia de reintegro da axuda ao Programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), relativa ao expediente TR341D 2011/1460-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de xullo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/1460-2.

Nome: Hanan Zahri.

DNI/NIF: X6353002B.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: rúa Otero Pedrayo, 14, 1º D, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 1.a) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Data do acordo: 21 de abril de 2015.