Pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG do 12 de marzo) convocouse concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.
En aplicación do disposto no artigo 10 da citada convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva das prazas obtidas no concurso público convocado pola referida orde.
Segundo. De conformidade co establecido no artigo 10.3, as prazas adxudicadas serán con carácter definitivo, polo que as persoas seleccionadas se deberán incorporar con data do 1 de setembro de 2015 e cesar no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.
Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesantes poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1993, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamento rercurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
|
Especialidade |
EOE |
Nº de prazas |
Aspirantes preseleccionados |
|
Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento |
A Coruña |
2 |
Barreiro González, Pilar M. García Sánchez, Concepción |
|
Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento |
Lugo |
1 |
Guerreiro Muñoz, María |
|
Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento |
Ourense |
1 |
Varela Blanco, Camilo |
|
Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento |
Pontevedra |
1 |
Deserta |
|
Discapacidade Sensorial |
A Coruña |
1 |
Varea Cascallar, María Mercedes |
|
Discapacidade Sensorial |
Ourense |
1 |
Deserta |
|
Discapacidade Sensorial |
Pontevedra |
1 |
Tallón Fontao, María del Carmen |
|
Discapacidades Motoras |
Lugo |
1 |
Fernández Fernández, María Carmen |
|
Discapacidades Motoras |
Pontevedra |
1 |
Rivas Lago, María Teresa |
|
Audición e Linguaxe |
Ourense |
1 |
Mazaira Castro, María Jesús |
