En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22416
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 71, do 16 de abril de 2015.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación:
Importe neto: 780.763 € (exento de IVE con base no artigo 20.1.9 da Lei 37/1992).
Valor estimado: 780.763 €.
5. Adxudicación e formalización do contrato:
a) Data da resolución de adxudicación: 5 de xuño de 2015.
b) Adxudicataria: UTE ALFER-ECNSM Seguridad Marítima.
c) Importe: 624.610,00 € (exento IVE).
Importe total: 624.610,00 €.
d) Data de formalización do contrato: 6 de xullo de 2015.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única proposta admitida que cumpre os requisitos dos pregos, polo que é a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar