Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0062/2014-ORS.

Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona as audiencias relativas ao procedemento de solicitude de suspensión condicional da execución da sanción.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: PSC-PO-0062/2014-ORS.

Beneficiario: Simón Agis Besada.

NIF: 35320656Q.

Enderezo: avenida de Lugo, 29, 1º F, 36004 Pontevedra.

Trámite: audiencia.

Prazo para presentar alegacións: 15 días.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar