Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (354/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número  5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 354/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio García Rico contra Contratos y Suministros Dexo, S.L., Gescom Marketing, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Considérase que Antonio García Rico desiste na demanda que en materia de cantidade interpuxo contra a entidade Contratos y Suministros Dexo, S.L., que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Antonio García Rico contra a entidade Gescom Marketing, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Gescom Marketing, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.394,83 euros brutos, polos salarios devindicados en xaneiro de 2014 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do mesmo ano, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gescom Marketing, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial